O Programa Integrado de Emprego ( P.I.E) que ano tras ano veu obtido uns resultados moi favorables, contando co apoio de empresas, grupos empresariais e autónomos de diferentes sectores económicos dentro da área provincial e autonómica, a finais do mes de marzo, -cando se interrompeu por completo o desenvolvemento normal do mesmo-, contaba con 40 insercións laborais, dun total de 100 participantes.
 
Destas insercións laborais, 3 correspondían a novos emprendedores autónomos, 29 a contratos de xornada completa e os 8 restantes a contratos de xornadas parciais.
 
Actualmente, as contratacións alcanzan un 50%, das cales só 1 persoa permanece en ERTE no sector da hostalería. Ademais outras 14 persoas máis traballaron ao longo destes meses con contratos de curta duración. Estimamos que na data prevista da finalización, a comezos de marzo de 2021, supérese aínda máis o compromiso de contratación, xa superado a día de hoxe, coa Xunta de Galicia, que foi do 47.