O Programa Integrado para o Emprego retoma as accións formativas co Curso de Prevención de Riscos Laborais, nivel básico, que se celebrará desde o 19 de agosto ata o 11 de setembro. 

As 20 horas presenciais están a desenvolverse na nosa sede de Praza dás Damas, con todas as medidas de distanciamento e seguridade necesarias. O curso compleméntase con 40 horas de teleformación.

Moi pronto darán comezo outras accións formativas. Ademais, os participantes están recibindo titorizacións e acompañamentos na procura de emprego. 

Estamos en marcha para encamiñar o seu futuro.