A lenta recuperación da actividade económica nótase na industria, construción e, sobre todo, no sector servizos

Non foi un xuño habitual en termos laborais, que debería ter a contratación estacional en máximos. Sinxelamente foi o xuño do conformismo, dado o impacto da crise do covid-19. Os datos de paro en Ourense revelan unha leve melloría respecto a maio, pero están lonxe dos doutros anos.
 
O Servizo Público de Emprego Estatal ten rexistrados na provincia 20.162 desempregados —que non contabilizan os que están nun Expediente de Regulación Temporal de Emprego—, por tanto 552 menos que en maio, cun descenso do 2,66%. Agora ben, con respecto a xuño do ano pasado, no ciclo bo da economía, este ano o aumento do paro é de 2.507, cunha subida do 14,20%.
 
 
Fonte: La Región.
Foto: By Victor217 Freepik.